UNIMA Galiza colabora en 2026 nas xornadas “Os títeres como ferramenta educativa”, desenvolvidas na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e organizadas pola Deputación da Coruña.
O programa combina relatorios, obradoiros e unha mesa redonda de casos prácticos para reforzar a conexión entre as artes escénicas e o ámbito educativo.