Blog

  • XIII Encontro Titiriteiro en Muxía

    Axencia Galega das Industrias CulturaisXacobeo 2027

    25 ao 27 de setembro de 2026 · Muxía

    XIII Encontro Titiriteiro

    Muxía acolle unha nova edición do Encontro Titiriteiro: tres días de espectáculos de rúa, actividades profesionais, encontro coa mocidade, mesa redonda e unha velada cabareteira.

    Cartel do XIII Encontro Titiriteiro de Muxía, do 25 ao 27 de setembro de 2026

    Programa

    O venres comezará cun pasarrúas coa Charanga Paradela, seguido da presentación do encontro e dunha función de rúa de Alex Barti. O sábado haberá actividades para profesionais, espectáculos, a Feira das Verdades e unha velada cabareteira. O domingo celebrarase unha mesa redonda e as funcións de Mircromina Títeres e A troupe Habib e Valeria, que pechará o encontro.

    Programa do XIII Encontro Titiriteiro, primeira páxinaPrograma do XIII Encontro Titiriteiro, segunda páxina

    Organizan: UNIMA Galiza e Concello de Muxía.

  • XII Encontro de Titereiros e Titereiras de Galiza

    Espectáculo de títeres en Betanzos

    UNIMA Galiza retomou a súa actividade coa organización do XII Encontro de Titereiros e Titereiras de Galiza, celebrado en Betanzos en 2024.

    Co apoio da Deputación da Coruña e da AGADIC, o encontro reuniu profesionais do sector nun espazo de intercambio artístico, formativo e comunitario.

  • XXIII Escola Internacional de Verán de UNIMA en Mondoñedo

    Actividade titiriteira

    En 2025 UNIMA Galiza coordinou en Mondoñedo a XXIII Escola Internacional de Verán de UNIMA, con programación titiriteira patrocinada pola AGADIC.

    O encontro reuniu docentes e artistas de referencia nun espazo dedicado á formación, á creación e ao intercambio profesional.

  • Os títeres como ferramenta educativa na USC

    Programa das xornadas

    UNIMA Galiza colabora en 2026 nas xornadas “Os títeres como ferramenta educativa”, desenvolvidas na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e organizadas pola Deputación da Coruña.

    O programa combina relatorios, obradoiros e unha mesa redonda de casos prácticos para reforzar a conexión entre as artes escénicas e o ámbito educativo.