A asociación

A asociación

UNIMA Galiza é o punto de encontro para as persoas amantes do teatro de títeres en Galicia: profesionais, afeccionadas, espectadoras, investigadoras e curiosas.

Que é UNIMA?

UNIMA é o acrónimo da Unión Internacional da Marioneta, unha asociación non gobernamental con estatuto consultivo da UNESCO. Desde 1929 reúne persoas de todo o mundo para contribuír ao desenvolvemento da arte da marioneta e servir aos valores humanos, á paz e á comprensión mutua entre os pobos.

UNIMA Galiza forma parte de UNIMA Federación España e de UNIMA Internacional. A asociación retomou a súa actividade en 2024 e funciona grazas ao traballo voluntario e á ilusión das persoas socias.

Os nosos fins

Conservar e difundir

O patrimonio tanxible e intanxible da arte da marioneta en Galicia.

Conectar e crear

Servir de nexo entre os colectivos do teatro de títeres e promover todas as súas modalidades.

Representar e defender

Os intereses de UNIMA Galiza e das persoas asociadas ante organismos autonómicos, estatais e internacionais.

Que facemos?

Desenvolvemos proxectos para difundir as artes do títere, o teatro de obxectos e o teatro de sombras. Organizamos encontros, espectáculos, cursos de formación e actividades de actualización técnica e artística.