25 ao 27 de setembro de 2026 · Muxía
XIII Encontro Titiriteiro
Muxía acolle unha nova edición do Encontro Titiriteiro: tres días de espectáculos de rúa, actividades profesionais, encontro coa mocidade, mesa redonda e unha velada cabareteira.

Programa
O venres comezará cun pasarrúas coa Charanga Paradela, seguido da presentación do encontro e dunha función de rúa de Alex Barti. O sábado haberá actividades para profesionais, espectáculos, a Feira das Verdades e unha velada cabareteira. O domingo celebrarase unha mesa redonda e as funcións de Mircromina Títeres e A troupe Habib e Valeria, que pechará o encontro.


Organizan: UNIMA Galiza e Concello de Muxía.

