Actividades
Encontros, formación e proxectos que conectan a comunidade titiriteira galega.

2026
Os títeres como ferramenta educativa
Colaboración nas xornadas desenvolvidas na Facultade de Ciencias da Educación da USC e organizadas pola Deputación da Coruña.
2025
XXIII Escola Internacional de Verán de UNIMA
Coordinación en Mondoñedo con programación titiriteira patrocinada pola AGADIC e participación de docentes e artistas de referencia.
2024
XII Encontro de Titereiros e Titereiras de Galiza
Celebrado en Betanzos co apoio da Deputación da Coruña e da AGADIC, reuniu profesionais nun espazo artístico, formativo e comunitario.